Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de junio de 2016

O corazón de Xúpiter







O CORAZÓN DE XÚPITER
Ledicia Costas

O perigo dos contactos por Internet...

Non hai noite tan longa







NON HAI NOITE TAN LONGA
Agustín Fernández Paz


Non podemos fuxir do noso pasado e as feridas mal curadas nunca pechan...

Rapazas







RAPAZAS
(relatos)
Agustín Fernández Paz

Seis historias moi diversas que teñen como fío condutor que as súas protagonistas son rapazas.

A punta de pistola







A PUNTA DE PISTOLA
Fran Alonso


Unha frenética fuxida a punta de pistola mestúrase coa historia dunha camioneira admiradora de Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión en 1932.

As meigas de Lupa







AS MEIGAS DE LUPA
María Solar


Unha trepidante aventura na Galicia castrexa onde as meigas agochan un segredo milenario.

O pintor do sombreiro de malvas








O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

Marcos Calveiro

A vida de Vincent van Gogh en Auvers e as súas relacións cos veciños do lugar.

jueves, 2 de junio de 2016

O achado do castro









O ACHADO DO CASTRO
(teatro)
Manuel Núñez Singala

Na antiga Roma hai un emperador que é de todo menos espelido... hai tamén soldados, sabios filósofos e unha historia de amor

,

jueves, 16 de febrero de 2012

Os Megatoxos e o aprendiz de druída


Os Megatoxos e o aprendiz de druída
Anxo Fariña
A Nosa Terra
9788483411476
Cando Ruxe, Faísca,  Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente inesperado fará que as  súas vidas cambien para sempre. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola e máis preocupacións que entregaren a tempo os traballos de clase.
Estraños poderes,  aventuras e misteriosos encontros.  Todo isto mesturado nunha viaxe no tempo, na procura de respostas,  na terra dos seus devanceiros  ...  os celtas.

Os Megatoxos e a espada esmeralda

 
Os Megatoxos e a espada esmeralda
Anxo Fariña
A Nosa Terra
978-84-8341-219-0
Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.
Na procura dunha solución á súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.

A pedra de seixo


A PEDRA DE SEIXO
María  Canosa
Sotelo Blanco
Xuvenil
84-7824-296-1
Unha aventura que comeza cun regalo de aniversario: unha bóla de cristal ...  máxica.  Todo pode pasar cando un grupo de amigos, nunha tarde sen nada que facer, deciden sacarlle partido a unha esfera tan sorprendente.  Velaquí unha historia de misterio que te ha manter en tensión ata o final, co corazón a dar brincos e os dedos suorentos pasando as páxinas con degoro.    

Desembarco Blabix


DESEMBARCO BLABIX
Milagros Oya
Editorial Sotelo Blanco
Colección Xuvenil
84-7824-279-1
O protagonista desta historia imaxinou un ventilador xigante que cubrise toda a parede e, de súpeto, desde o chan  foi medrando un extravagante aparello metálico;  mesmo para o tamaño dun ser humano o devandito espantallo éravos desorbitado.  Todo aquilo comezara un serán de abafante calor, en pleno mes de agosto, cando Xabier, un rapaz que non lle tiña moita lei aos avisos da súa nai, atopou o pelouro oco, diminuto e con antena que foi a orixe dunha aventura   asoballante.

Rapazas


RAPAZAS
Agustín Fernández Paz
Editorial Xerais
Colección Fóra de Xogo
978-84-8533-493-3
Que estraña misión trae un extraterrestre ao noso planeta?  Que sucede cando se mantén unha estremecedora relación cun fantasma?   Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro.
Seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza coma protagonista. Deste xeito  as páxinas de Rapazas achégannos a un relato plural desta etapa fronteiriza chamada adolescencia.

O neno do pixama de raias


O NENO DO PIXAMA DE RAIAS
Jhon Boyne, Tradución: Daniel Saavedra
Editorial Faktoría K
Colección Narrativa K
978-84-9695-720-6 
A  pedimento do autor, non podemos contarche o miolo deste libro.
Porén, queremos avisarte de que lerás a historia dun neno de nove anos, que se atopará cun aramado. No mundo hai milleiros de aramado coma este. Agardamos que ti nunca te atopes con ningún e que, se o fas, teñas forza para librarte del.

Un marciano neste mundo

 
UN MARCIANO NESTE MUNDO
Conchi Regueiro
Editorial Baía
Colección Meiga Moura
ISBN:   84-96128-76-8
Nerea, a protagonista desta novela, é unha moza superdotada que, xunto a situacións propias da súa idade: amizade, familia, solidariedade, namoramento e desengano, vive emocionantes e perigosas peripecias a través de viaxes no tempo para rescatar da morte a un familiar desaparecido no ano 1936 e situalo nun mundo, o actual, en completa contradición co que estaba vivindo.

Diario cruzado de Xoán e Xoana

 
DIARIO CRUZADO DE XOÁN E XOANA
Ana  Magalhães e Isabel Alçada
Alfaguara/Obradoiro

84-8224-650-X  
Xoán  está horrorizado  co verán que  lle espera. Ademais de romper coa súa moza, ten que ir un mes con seus pais, nun intento máis de reconciliación con eles, ao que cre o lugar máis aburrido do planeta.   
Xoana está de vacacións con seus pais nun lugar paradisíaco, peros séntese mal.  Neste ambiente idílico descobre novos problemas.
Xoán e Xoana coñécense dende sempre, teñen unha relación moi profunda e o costume de se contaren todo un ao outro.  Nas vacacións de verán, sepáranse pero manteñen a conversa a distancia.  E a conversa vólvese interesantísima porque os dous viven experiencias fortes.

As Lágrimas de Shiva


AS LÁGRIMAS DE SHIVA
César Mallorquí
Rodeira
Colección Periscopio
84-8116-870-X
        En certa ocasión, hai disto xa moito tempo,  vin unha pantasma.  Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que o vin.  Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa, a pesar de que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é o que poderiamos chamar unha novela de terror. Todo comezou cun enigma:  o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas.

O Segredo da Pedra Figueira


O XEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA
Mª   Xosé  Queizán
Xerais
Colección  Fóra de xogo
84-7507-884-2

         Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala dende a illa de Rocasul cara o Sur. No barco,  a  avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios que botaron a tribo da illa de Tule. Na   perigosa travesía avistan a caverna dos Tesouros, na costa da Morte, coñece as mulleres da Illa Lobeira e chegan por fin a Findasol, onde acoden peregrinos de todo o mundo para ver morrer o sol no mar.  Camiñando polo monte, Lazo atopa un día tres pedras que darán paso ao Segredo  da Pedra Figueira.

O chápiro verde


O CHÁPIRO VERDE
Marilar  Aleixandre
Anaya
Colección Sopa de libros
84-8302-917-7   

       
        Fa, a protagonista desta historia, invoca sen querer a un chápiro verde que sae de súpeto do seu bote de lapis e vese  envolta nunha aventura. Este ser fantástico ten a capacidade de conceder desexos e a Fa, que ten problemas na escola por ser zurda e polo seu "estraño" nome, ocórreselle a idea de pedir non ter que ir a clase durante dous meses.Finalmente, aconsellada polo chápiro, a rapaza cambia este desexo polo reto de ir na busca do lagarto de dous rabos á Fraga das Eiroas.
 
        Para resolver o enigma conta coa axuda de tres obxectos cotiáns: un lapis, unha agulla de coser e un pano de man. Gracias ao seu enxeño e á colaboración doutros personaxes que vai atopando no camiño -a nai do xigante chosco da Casa do Rueiro Pequeno ou o Cabalo Boligán que fala en zig-zag- e que complican a trama, Fa resolve o enigma que dominaba a vida na fraga, libera ao lagarto e o resto de personaxes sen soños atrapados no Pazo dos Apagos e vence o malvado Devorador de Soños. Á vez consegue aceptar as súas peculiaridades persoais substituíndo o seu devezo de cambiar pola aceptación de si mesma.

Usha


USHA
María Reimóndez
Editorial Xerais
Colección Merlín
84-9782-442-3
        Uxía,  Usha para os amigos,  escribe o relato da súa estancia en Devastana,  unha vila do estado de Karnata, na India.  A rapaza galega que acompañaba á súa nai, membro dunha ONG,  remora a vida cotián da súa escola india.   Alí amigou con Lakshmi e Deepark, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo,  cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela.
        Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa luz do amencer.  Nunca o esquecerá.   

Déixao medrar


DÉIXAO MEDRAR
Silvestre Gómez  Xurxo          Ilustracións: Creus Dalgá
Xerais
Colección Merlín
84-8302-520-5
        Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ao fútbol.  As persoas que están ao seu carón manteñen diferentes formas de pensar: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso;  súa nai, o mesmo que Suso -o adestrador do equipo- desexa que  Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos.  E ademais está Ana,  a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen o raparigo non ten ningún interese en separarse.  O conflito xorde cando un equipo 'dos grandes'  se interesa seriamente pola súa fichaxe.