jueves, 16 de febrero de 2012

Ollos de auga

 
Ollos de auga.
Domingo Villar
Editorial Galaxia
978-84-8288-927-6

Ollos de auga, de Domingo Villar, é unha novela policial que lemos o alumnado de 3º. Trata da morte dun saxofonista que aparece na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario