jueves, 16 de febrero de 2012

Morning Star


Morning Star
Xosé Miranda
Ed. Xerais
978-84-8302-330-3
         O alumnado de 4º lemos un libro de Xosé Miranda Morning Star. É esta unha novela de aventuras que trata dun rapaz, Lourenzo Tasende, que vive cos seus pais nunha taberna cerca de Pontevedra, illado case por completo da sociedade, sen saber ler e tendo que atender o negocio familiar. Un día chega á súa casa para quedar Lázaro Rivadulla, antigo amigo de seu pai que lle descobre parte do seu pasado, e dende entón a súa vida cambia por completo; a nai ponse enferma e morre, e tras este suceso o pai retorna a formar parte dunha gavela na que participara na súa xuventude e que toma como centro de operacións a taberna da Disputa. Pouco a pouco Lourenzo vaise involucrando máis e máis neste grupo ata participar nalgún dos seus asaltos, e ao mesmo tempo vai descubrindo que o obxectivo principal da gavela é un tesouro pirata que supostamente está enterrado nesa zona e que o enfronta a outra gavela.
         Queres saber máis???? Hai tamén unha rapaza que ….............................................

No hay comentarios:

Publicar un comentario